Un cancro demasiado infantil…

O sarcoma de Ewing é un tipo de cancro de ósos que se caracteriza pola aparición de tumores sobre todo na cadeira, nas costelas ou no medio dos osos longos. Esta enfermidade é habitual en adolescentes. Este cancro tamén se pode formar no tecido brando non só nos osos.

Esta enfermidade localízase por un mal funcionamento no cromosoma 22.

 Aquí podemos observar a foto dun dos síntomas, aparición de masas:

imagen

 

Algúns dos síntomas do sarcoma de Ewing son:

  • -Dor ou inchazón nas extremidades, peito, espalda ou pelve.
  • -Aparece unha masa nas mesmas zonas.
  • -Feble sen razón.
  • -Quebra de ósos.

En canto ao diagnóstico podemos facer diversas cousas:

  • -Un exame físico, no cal facemos unha revisión do paciente ademais dun estudo dos antecedentes.
  • -Unha resonancia magnética.
  • -Un TAC.
  • -Unha exploración con TEP.
  • -Exploración ósea.
  • -Aspiración da medula ósea e biopsia.
  • -Radiografía.
  • -Reconto sanguíneo completo.
  • -Estudio bioquímico do sangue.

Algunha foto dos efectos do Sarcoma de Ewing:

 

Sarcoma

 

 

Unha leucemia especial

A leucemia mieoloide crónica  é un tipo de cancro que produce un cambio xenético na versión inmadura (razón pola cal se chama crónica) de células mieloides (todos os tipos de células sanguíneas agás os linfocitos).

Está causada por unha translocación (intercambio de ADN) entre os cromosomas 9 e 22, dando lugar ao cromosoma Filadelfia (un cromosoma 22 algo máis corto), o cal ocasiona a formación do xen BCR-ABL, productor dunha proteína que aumenta a velocidade de reprodución e crecemento das células.

 Cromosmas leucemia

Non é hereditaria, aparece ao longo da vida dunha persoa, e non hai forma posible de previla.

Os síntomas habituais son:

-Debilidade e cansancio.

-Aumento da sudoración.

-Dor de ósos e estómago.

-Febre e crecemento do bazo.

Para diagnosticala, realízanse análise de sangue e da medula ósea, e mediante probas xéneticas e comparacións determínase o resultado.

 comparación células enfermas

Unha vez descuberta a enfermidade, se comeza cos posibles tratamentos, que son:

-Raditerapia e quimioterapia.

-Cirurxía e transplante de células nai.

-Interferón.

Como dato curioso, aproximadamente o 90% da poboación consegue sobrevivila.

 

 

A illa de lixo plástico segue medrando

A illa plástica do Pacífico equivale xa a Francia, España e Alemaña.

O vasto vertedoiro de refugallos plásticos que se arremolina no Océano Pacífico crece rápido e abarca máis que Francia, Alemaña e España combinados, moito máis grande do que se temía anteriormente. Un total de 1.8 billóns de pezas de plástico que pesan 80.000 toneladas métricas atópanse actualmente á deriva nunha área coñecida como o Gran Parche de Lixo do Pacífico (GPGP ou Great Pacific Garbage Patch), e está a empeorar rapidamente.

Illas de plástico e Xiros oceánicos

 O navegante británico Charles Moore descubriu en 1997 unha enorme masa de residuos plásticos no océano Pacífico, entre California e Hawai. O tamaño desta enorme “illa de plásticos” estimouse entón como máis de tres veces maior que a península Ibérica, cunha cantidade de residuos de máis de tres millóns de toneladas. Componse principalmente de botellas, tapóns, bolsas e pneumáticos. Bautizada como o “Oitavo Continente” é o maior vertedoiro do mundo, cuxos refugallos se acumularon nesta zona pola acción combinada dos ventos, correntes mariñas e mareas.

A illa de lixo plástico é entre 4 e 6 veces maior que as estimacións anteriores.

Os resultados revelan que o GPGP (Great Pacific Garbage Patch), definido como a área con máis de 10 kg de plástico por kilometro cadrado, mide 1,6 millóns de kilómetros cadrados, tres veces o tamaño de Francia continental (ou a suma das superficies de España, Francia e Alemaña). Nesta área, acumúlanse 1,8 billóns de pezas de plástico, que pesan 80.000 toneladas métricas, o equivalente a 500 Jumbo Jets. Estas cifras son de catro a dezaseis veces máis altas que as estimacións anteriores. O 92% da masa está representada por obxectos máis grandes; mentres que só o 8% da masa está contida en microplásticos, definidos como pezas de tamaño inferior a 5 milímetros.

 

Alma de dúas personalidades

-Esta enfermidade tamén é coñecida como transtorno bipolar. Caracterízase por alternarse en fases de depresión e maníacas.

É unha enfermidade causada por un xen que está no cromosoma 11.

imagen

Síntomas:

  • Falar solo
  • Actuar impulsivamente
  • Agresións verbales ou físicas
  • Responder a estímulos externos que outras persoas non poden ver ou escoitar
  • Apretar os dentes.
  • Aumento ou pérdida de peso.
  • Terrores nocturnos
  • Agitación extrema
  • Irritabilidad
  • Ansiedad
  • Para mais síntomas pincha aquí.

Causas: As causas poden ser xenéticas ou biolóxicas. Para mais causas pincha aquí.

Tratamento: É parecido ao tratamento de unha depresión pero en este caso añádese estabilizadores de ánimo e  antipsicóticos, combinado con una psicoterápia. Para máis infformación sobre o tratametno pincha aquí.

Videos e imaxes;

Para mais información e curiosidades sobre a bipolaridade pincha aquí 

 

Unha enfermidade descoñecida

Que é?

A esclerose lateral amiotrófica, ou ELA, é unha enfermidade do sistema nervioso que ataca ás células nerviosas (neuronas) que están no cerebro e a medula espinal. Estas neuronas transmiten mensaxes desde o cerebro e a medula espiñal cara aos músculos voluntarios, os que vostede pode controlar, como os dos brazos e as pernas.

Problemas que causa

Ao principio, causa problemas musculares leves. Algunhas persoas notan problemas para:

  •  Andar ou correr
  • Escribir
  • Falar

Antes ou despois, a persoa perde a forza e non pode moverse. Cando comezan a fallar os músculos do peito, a respiración dificúltase. O uso dun respirador pode axudar, pero a maioría das persoas con esta enfermidade falece por insuficiencia respiratoria.

imagen

 http://salud.yucatan.gob.mx/wp-content/uploads/2017/06/ELA2017-1024×907.jpg

A quen afecta?

 A enfermidade adoita atacar entre os 40 e os 60 anos e é máis común entre os homes que entre as mulleres. Non se coñece a causa da enfermidade. Pode ser parte dunha tendencia familiar, pero xeralmente preséntase aleatoriamente. Non existe unha cura. Os medicamentos poden aliviar os síntomas e, algunhas veces, prolongar a supervivencia.

https://medlineplus.gov/spanish/amyotrophiclateralsclerosis.html

 

imagen

 https://www.el-carabobeno.com/wp-content/uploads/2017/06/esclerosis1.jpg

 

 

 https://www.youtube.com/watch?v=USpzi-64NvY

 

#s3gt_translate_tooltip_mini { display: none !important; }

 

Párkinson: El por fóra, eu por dentro

 A enfermidade de Parkinson é un tipo de trastorno do movemento. Ocorre cando as neuronas non producen suficiente cantidade dunha sustancia química importante no cerebro coñecida como dopamina. Algúns casos son xenéticos pero a maioría non parece darse entre membros dunha mesma familia.

Os síntomas comezan lentamente nun lado do corpo. Logo afectan ambos os lados. Algúns son:

  • Tremor nas mans, os brazos, as pernas, a mandíbula e a cara
  • Rixidez nos brazos, as pernas e o tronco
  • Lentitude dos movementos
  • Problemas de equilibrio e coordinación

 

imagen

Non existe un exame de diagnóstico para esta enfermidade, aínda que están a investigar con células nai para poder curalo. Os doutores usan o historial do paciente e un exame neurológico para diagnosticalo.

A enfermidade de Parkinson adoita comezar ao redor dos 60 anos, pero pode aparecer antes. É moito máis común entre os homes que entre as mulleres. Non existe unha cura para a enfermidade de Parkinson. Existen diversos medicamentos que ás veces axudan a mellorar enormemente os síntomas.

 

 

imagen

 

 

 

Sen memoria non somos nada

 

 

alzheimer e a forma mais común da demencia, que e unha enfermidade que impide a unha persoa levar a cabo con normalidade as súas actividades diarias

 

E unha enfermidade que comeza lento, afectando a zonas da memoria  e o pensamento, polo que afecta sobre todo a olvidar as cousas.

 

 

alzheimer

Algúns dos síntomas poden ser:

 

  •  Cambios na personalidade
  •  Deterioro na capacidade de movemiento ao camiñar
  •  Dificultad para comunicarse
  •  Baixo nivel de enerxía
  •  Pérdida de memoria
  •  Cambios de estado de ánimo
  •  Problemas de atención e orientación
  •  Incapacidade de resolver operacions aritméticas sencillas

Algúnhas prevencions poden ser:

  •  Mellorar o estilo de vida
  • Comer comida saudable
  • Facer exercicio

 

 

Benvid@s ao blog de Bioloxía e Xeoloxía 2017-2018

Presentamos o blog de Bioloxía e Xeoloxía do CPI de Vedra:

Para empezar:

  1. Visitade as ligazóns do no menú superior de cor azul para coñecer o PROXECTO CLIMÁNTICA.
  2. Visitade os menús e ligazóns do marco vertical verde da dereita: CALENDARIO, USUARIO, ETIQUETAS, CATEGORÍAS e LIGAZÓNS (para familiarizarse coa navegación polos contidos e sistemas de busca de información no noso blog).
  3. Premede en “Iniciar sesión” do menú azul superior para identificarvos como usuarios (coas instruccións que vos dará o profesor). Despois de identificarte preme en “Administrar” no mesmo sitio do menú superior.
  4. Entrarás no teu “TABOLEIRO” do blog, onde tamén atoparás (no mesmo menú) as opcións: ESCRIBIR / XESTIONAR / COMENTARIOS / PERFIL
  5.  Accede ao teu PERFIL persoal, premendo en “O meu perfil” na parte superior esquerda da pantalla ou na ligazón directa do Taboleiro. O PRIMEIRO QUE VAS FACER É CUBRIR O TEU CORREO ELECTRÓNICO en “Información de contacto”.
  6. Entraremos despois en Escribir unha entrada ou en ESCRIBIR para botar unha ollada ás ferramentas que imos empregar para EDITAR un artigo (caixa do EDITOR DE TEXTO), coñeceremos a estructura e organización do blogue e aprenderemos a PUBLICAR “posts” nel.
  7. Agora veremos un exemplo de post (un artigo ou colaboración no blogue), dos seus tipos de contidos e do uso de comentarios:
  8. Tecleade “illa das flores” na caixa de busca (BUSCAR na parte superior dereita) OU BEN, no marco vertical verde da dereita, no seu apartado CATEGORÍAS, buscade ACTIVIDADES PROPOSTAS, premede nela e despois buscade o post titulado “A illa da flores“. Lede o que se propón nel, mirade o video e contestade as preguntas formuladas.
  9. Para PRACTICAR, ides elaborar un post titulado “O primeiro post de… (o voso nome)“, tomando como modelo o post Exemplo de formatos, ligazóns e imaxes.
  10. A medida que ides traballando, recordade ir gardando mediante os botóns “Gardar e Continuar Editando” ou “Gardar”. En calquera momento podedes comprobar como queda o que fixéchedes dando a “VER >>na parte superior dereita da caixa do editor de texto.
  11. Para rematar, empregade o botón “Gardar revisión” cando teñades a versión definitiva, para enviarllo ao profesor e que este o publique trala súa revisión.

Vídeos e manuais de axuda:

Recorda que na barra inferior dos vídeos podes parar, adiantar, atrasar ou repetir a proxección.

Tamén podes descargar os vídeos e os manuais…

3.- Escribir un post -ver en (pdf)-

4.- Editar un post -ver en (pdf)-

5.- Introducir e editar imaxes -ver en (pdf)-

6.- Introducir video dende YouTube -ver en (pdf)-

11.- Utilizar tags -ver en (pdf)-

 

Investiga sobre o xenoma humano

Nos seguintes enderezos podes atopar información sobre o Proxecto Xenoma Humano:

Science 16 February 2001, vol. 291

 ACTIVIDADE:

1) Elixe unha enfermidade xenética na páxina web “Mundo Interactivo: o que se descifrou” ou no apartado “Anomalías Genéticas” desta interesante ANIMACIÓN: “ADN, Anomalías genéticas, Proyecto Genoma Humano”.

2) Busca en Enciclopedias On-line deste blog a ligazón:
“MedlinePlus - Información de Saúde”
OU BEN en:
dicciomed.eusal.es (Universidade  Salamanca)
en que consiste esa enfermidade.

Publica un POST (artigo no blog) que teña un TÍTULO “atractivo” sobre a enfermidade que elixiches, que inclúa unha IMAXE que a ilustre e un VÍDEO breve sobre o tema.

ANTES de empezar a editalo e formatealo, CONSULTA ISTO: Editade os vosos primeiros “post”

NORMAS IMPORTANTES: Indica claramente no texto do post:

1) Cromosoma en que se atopa o xene responsable.

2) Descrición resumida da enfermidade (en vez de copiar toda a descrición, podes facer unha ligazón coa páxina onde atopaches a información), na que debes incluir: Definición, síntomas, diagnóstico, tratamentos, etc…

Consulta tamén o post Algúns consellos para bloguer@s (ten en conta o que se di nel) e os Videos e manuais de axuda, onde atoparás tutoriais e recomendacións sobre como elaborar o “post”.

Cariotipo humano

#s3gt_translate_tooltip_mini { display: none !important; }

 

EXEMPLO: O primeiro post de Pepe Palacio

1) Podemos engadir e formatear texto. cursivas, negrita cores distintas outras cores, etc

2) Tamén podemos FORMATEAR PARÁGRAFOS

  1. Parágrafo esquerda
  2. Parágrafo centrado

  3. Parágrafo dereita

3) Podemos FACER LIGAZÓNS: por exemplo, da palabra cromosoma

4) Podemos ENGADIR IMAXES: neste caso dun cromosoma:

Imaxe de cromosoma

IMOS INSERTAR DEBAIXO UN VIDEO:

(proba a facelo seguindo as indicacións do profesor)

xxxxxx