A “DIXL3SIA”

A dislexia é unha condición cerebral que dificulta a lectura, a ortografía, a escritura e, algunhas veces, a fala. Ó cerebro dás persoas que teñen dislexia cústalles recoñecer ou procesar certos tipos de información. Isto pode incluír facer coincidir o son dunha letra co seu símbolo (como a letra b facendo o son be), e logo combinalos para formar unha palabra.

Algunhas persoas con dislexia non teñen problemas pronunciando ou descodificando as palabras, pero poderían batallar para entender o que len. Podería chegar a ser moi difícil para as persoas con dislexia ler de maneira automática ou, aparentemente, sen esforzo.

imagen

  Ao igual que outros tipos de dificultades de aprendizaxe e de atención, a dislexia é unha condición para sempre. É dicir, os nenos non superan a dislexia cando medran.

As carerísticas da dislexia polo xeral inclúen:

  • Dificultade para asociar os sons coas letras e as letras cos sons.

  • Confusión cando se pronuncian palabras e frases.

  • Dificultade para ler en voz alta, co ton apropiado e agrupando as palabras e frases correctamente.

  • Dificultade para pronunciar palabras non familiares.

  • Dificultade para escribir ou copiar letras, números e símbolos na orde correcta.

  • Dificultade para rimar.

etioloxía da dislexia é un tema moi polémico xa que, aunque existen factores hereditarios que predispoñen a padecela, aínda non están claros outros factores que poden estar implicados no curso do trastorno, tales como causas xenéticas, dificultades no embarazo ou no parto, lesións cerebrais, problemas emocionais, déficits espazo-temporais ou problemas en canto á orientación secuencial, de percepción visual ou dificultades adaptativas na escola.

Aínda que a dislexia non desaparece cando os nenos crecen, hai gran cantidade de adaptacións e estratexias que poden axudalos. Existe unha variedade de profesionais que poderían axudar coa dislexia, tanto fora como dentro da escola. Eles enfócanse en diversos campos: ensino, intervención, apoios e servizos escolares, asesoría e diagnóstico. Non existen medicamentos ou tratamentos médicos para a dislexia.

Estes profesionais inclúen:

  • Especialistas en lectura.

  • Patólogos da fala e a linguaxe.

  • Psicólogos infantís.

  • Neuropsicólogos infantís.

  • Mestres de educación especial.

Unha das habilidades nas que se enfocan estas instrucións é na conciencia fonolóxica. Trátase dunha habilidade da linguaxe que se desenvolve tempranamente e é clave para ler. Os especialistas en lectura e os patólogos da fala e a linguaxe poden axudar aos mozos a desenvolver esta habilidade. Tamén poden axudar coa descodificación, o recoñecemento de palabras, a ortografía e a fluidez na lectura.

 

Tags: , ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.