A ovella Dolly

A ovella Dolly foi o primeiro mamífero clonado a partir dunha célula adulta.

Dolly foi en realidade unha ovella resultado dunha combinación nuclear desde unha célula doante diferenciada a un óvulo non fecundado e sen núcleo. A célula da que viña Dolly era unha xa diferenciada ou especializada, procedente dun tecido concreto, a glándula mamaria, dun animal adulto (unha ovella Finn Dorset de seis anos), o cal supoñía unha novidade. Ata ese momento críase que só se podían obter clons dunha célula embrionaria, é dicir, non especializada. Cinco meses despois nacía Dolly, que foi o único cordeiro resultante de 277 fusións de óvulos anucleados con núcleos de células mamarias.

O 14 de febreiro de 2003, Dolly foi sacrificada debido a unha enfermidade progresiva pulmonar. 

Imaxes:

proceso de clonaciónovella Dolly

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.