Sabes o que é a tecnoloxía CRISPR/Cas9 ?

A tecnoloxía CRISPR/Cas9 é unha ferramenta molecular utilizada para “editar” ou “corrixir” o xenoma de calquera célula. Iso inclúe, está claro, ás células humanas. Sería algo así como unhas tesoiras moleculares que son capaces de cortar calquera molécula de ADN facéndoo ademais dunha maneira moi precisa e totalmente controlada. Esa capacidade de cortar o ADN é o que permite modificar a súa secuencia, eliminando ou inserindo novo ADN.

 

CRISPR/ Cas9

As siglas CRISPR/Cas9 proveñen de “Clustered Regularly Interspaced Short Palindromic Repeats“(”Repeticións Palindrómicas Curtas Agrupadas e Regularmente interespaciadas”). A segunda é o nome dunha serie de proteínas, principalmente unhas nucleasas, que as chamaron así por CRISPR associated system (é dicir: sistema asociado a CRISPR)

Tags: , ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.