O Rato de Ópera

Como parte do proxecto Envolved Mouse Projet (EMP), levado a cabo por uns científicos xaponeses, crearon un rato capaz de cantar coma un paxaro.

rato que canta coma un paxaro

Este descubrimento debeuse a unha casualidade, os científicos da Universidade de Osaka  decidiron cruzar distintos ratos modificados xenéticamente para ver o que pasaba, e o resultado deixounos a todos asombrados.

Esperaban ratos con distintas características físicas, é máis, dentro deste proxecto apareceron ratos coas extremidades máis curtas, con rabos de can…

Sin embargo, entre todos estes ratos, apareceu un que físicamente non presentaba ningunha anomalía, pero que era capaz de cantar coma un paxaro.

 Este rato reproduciuse, e actualmente contan con uns cen ratos con esta particular característica para futuras investigacións.

O dirixente do proxecto, confesa que a súa ilusión é crear algún día un rato que sexa coma Mickey Mouse.

Para máis información fai click aquí

Tags: , ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.