Clonación humana…con vacas?

clonación humana é a creación dunha copia xenéticamente exacta dun ser humano. Esta clonación comprende a reprodución de células e texidos humanos.

Esquema clonación

Arredor desta técnica hai moita polémica, sobre si é ético ou non clonar a seres humanos, e aínda que non está legalizado, e en principio non hai intencións de chegar a legalizalo nunca, hai moita xente que pensa e sería bo levar isto a cabo.

O caso máis coñecido sobre clonación é a ovella Dolly, que foi o primeiro caso de clonación que funcionou, pois todos os animais que se intentaron clonar antes que ela foron experimentos fallidos.

Pero tamén existe algún caso de intento de clonación humana, por exemplo o caso do científico Panayiotis Zavos, que intentou clonar a unha rapaza chamada Cady, que morreu con 10 anos, collendo oseu ADN unha vez que a nena xa morrera, fusionándoo cun óvulo de vaca, creando así un embrión humano-vacuno. Esta é unha técnica que utiliza os óvulos destes animais como base para a creación de fetos humanos e dado que o 99% da información que leva o embrión é humano, o resultado non terá nada que ver cunha vaca.

Este foi un experimento fallido, non saleu adiante, pero este científico non se deu por vencido e intenta por outros métodos continuar intentando conseguir averiguar como clonar humanos.

Ao igual que Panaviotis Zavos, hai máis científicos interesados nesto, e que tamén fan experimentos para conseguir chegar a clave da clonación, por exemplo Severino Antinori que no 2009, intentou clonar a tres rapaces de nove anos.

XXXXXX

Tags: , , ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.