Leucemia mieloide crónica

1. A leucemia mieloide crónica é unha enfermidade que se atopa no cromosoma 9.

imagen

2. Descripción da enfermidade: A leucemia mieloide crónica é un cancro do sangue no que a medula ósea produce demasiados granulocitos, un tipo de glóbulo branco. Co tempo, estas células van invadindo a medula ósea e o resto do organismo, impedindo a normal fabricación do resto das células do sangue e alterando o funcionamento de diversos órganos.

3.  Os principais síntomas son: debilidade, fatiga persistente, febre, sudoración excesiva, perda de peso, anemia, hemorraxias e hematomas, pequenas infeccións, dores en ósos e articulacións.

4.  O diagnóstico é o seguinte: baséase no aumento de granulocitos no sangue e medula, e na demostración dunha alteración característica nos cromosomas das células sanguíneas, o denominado cromosoma Filadelfia ou da alteración génica que orixina a enfermidade. Para efectuar estes estudos é necesario analizar de forma detallada tanto o sangue como a medula ósea, obtida esta última mediante punción do esternón.

 imagen

5. O tratamiento baséase na administración de un inhibidor da tirosincinasa (ITK). Estes axentes distínguense das terapias antineoplásicas clásicas porque son capaces de atacar exclusivamente a determinadas células cancerosas sen danar as células normais.

Aquí deixamos o seguinte VIDEO para profundizar os coñecementos da enfermidade.

Tags: , ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.