Investiga sobre o xenoma humano

Nos seguintes enderezos podes atopar información sobre o Proxecto Xenoma Humano:

Science 16 February 2001, vol. 291

 ACTIVIDADE:

1) Elixe unha enfermidade xenética na páxina web “Mundo Interactivo: o que se descifrou” ou no apartado “Anomalías Genéticas” desta interesante ANIMACIÓN: “ADN, Anomalías genéticas, Proyecto Genoma Humano”.

2) Busca en Enciclopedias On-line deste blog a ligazón “MedlinePlus - Información de Saúde” ou en “Web consultas-Saúde ó día” en que consiste esa enfermidade.

Publica un POST (artigo no blog) que teña un TÍTULO “atractivo” sobre a enfermidade que elixiches, que inclúa unha IMAXE que a ilustre e un VÍDEO breve sobre o tema. Indica claramente no texto do post:

1) Cromosoma en que se atopa o xene responsable.

2) Descrición resumida da enfermidade (en vez de copiar toda a descrición, podes facer unha ligazón coa páxina onde atopaches a información): definición, síntoma, diagnóstico, tratementos, etc…

Consulta tamén o post Algúns consellos para bloguer@s (ten en conta o que se di nel) e os Videos e manuais de axuda, onde atoparás tutoriais e recomendacións sobre como elaborar o “post”.

Cariotipo humano

Tags: , , ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.