Ángel Carracedo: “un galego que logrou ser un rei da enxeñería xenética” por Antía

Ángel Carracedo é un catedrático do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela que naceu en Santa Comba en 1955.

Licenciose en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1978 e doutorouse en Medicina pola mesma universidade en 1982, ambolos dous coas máximas cualificacións. Creou un grupo que se convirteu en líder mundial da xenética forense e de referencia en xenómica comparada e de poboacións. Buscou novas tecnoloxías para a identificación forense. Participou en moitos casos, pero destacan casos importantes como o 11-M ou Álcaser ou na identificación das vítimas do tsunami do sueste de Asia, entre moitos outros.

imagen

É catedrático de medicina legal, pero dende a dirección do grupo de Medicina Xenómica, formada por moita xente, foi o Leonardo da Vinci da xenética.

No campo da oncoloxía abreu novas vías para identificación dos xenes do cáncer de colon, mama, tiroides e dos trastornos xenéticos para a detención das bases moleculares da esquizofrenia ou da depresión postparto.

Na neuroxenética traballa buscando mutacións relacionadas co alzhéimer ou na identificación dos mecanismos moleculares asociados a migraña ou enfermidades raras como a ataxia, na área cardiovascular estuda as variacións xenéticas asociadas a morte súbita cardíaca ou  a miocardia.

O centro realizou o pasado ano máis de 17.000 probas xenéticas, a maioría desenvolvidas con tecnoloxía propia para a detección de enfermidades raras mediante polo menos trinta test que non se practican en ninguna outra parte do mundo. De feito, cada vez e maior o número de países que recurren os servicios dos investigadores galegos.

Tamén e director do nodo principal do Centro Nacional de Genotipado, con base en Santiago, que dedicou unha atención nos  últimos anos a farmacoxenética, área na que convertiu a Galicia nun referente europeo na búsqueda de fármacos máis eficaces e sen efectos secundarios a partir do perfil xenético do enfermo. Neste ámbito é o coordinador do programa Diana, que xa logou  patentar un chip de ADN que detecta en un día o cáncer folicular de tiroides ou un método analítico que permite descubrir na sangue si as personas con enfermidades cardiovasculares tomaron ou non a medicación.

 Premios e galardóns

  • Ángel Carracedo foi  Premio Galicia de Investigación.
  • Premio Novoa Santos, concedido polos médicos galegos.
  • Medalla Galien, el galardón máis importante na investigación farmacolóxica.
  • Premio Rey Jaime I, concedido por vinte premios Nobel.
  • Medalla de Galicia, Cruz al Mérito Policial.
  • Doutor Honoris Causa por varias universidades.

Outra proba de que o seu traballo foi recoñecido máis ala de España e a súa participación en numerosas sociedades científicas. Foi presidente da Sociedad Internacional de Xenética Forense e na actualidade é vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, así como presidente da Academia Mediterránea de Ciencias Forenses e presidente da Sociedad Española de Farmacoxenética y Farmacoxenómica.

Publicacións e artigos científicos

A súa traxectoria profesional tamén ten reflexo na publicación de artigos de investigación nas revistas de maior impacto científico. Publicou máis de 340 artículos sobre medicina xenómica, xenética clínica e xenética forense e de poblacións, que tamén foron aceptadas por publicacions da máxima relevancia como “Science” o “Nature”. Neste ámbito tamén é editor da revista “Forensic Science International: Genetics” e membro de quince revistas internacionales de xenética e medicina forense.

imagen

 Instituto de Mecidina Legal da Universidade de Santiago de Compostela:

Este instituto de investigación é tamén un órgano da administración de xustiza en Galicia, que ten por misión prestarlle asistencia técnica aos tribunais, fiscalías e xuzgados en materia de mediciña forense.

Facultade de Medicina da USC

Algunha das súas funcións son:

- A investigación medicolegal en todos os casos de morte violenta ou sospeitosa de criminalidad.

- Estudar e emitir os informes que lle sean requeridos polas autoridades judiciales e fiscales en todos os aspectos medicolegales.

- Emitir informes previstos na normativa sobre o Rexistro Civil (edad, sexo, causa da morte).

- Formación e especialización dos médicos forenses e do persoal téctico do Instituto.

Tags: , , ,

 

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.